RIVEIRA
Tempo estimado 8 horas

A POBRA DO CARAMIÑAL
Tempo estimado 4 horas

BOIRO
Tempo estimado 6,5 horas

RIANXO
Tempo estimado 5 horas

 

RIVEIRA
Tempo estimado 8 horas

 

A POBRA DO CARAMIÑAL
Tempo estimado 4 horas

BOIRO
Tempo estimado 6,5 horas

RIANXO
Tempo estimado 5 horas

A Ría de Arousa é a máis extensa das rías galegas. As súas augas fértiles e tranquilas son berce de nacemento dalgúns dos mellores mariscos e peixes de Europa, sendo o porto de Riveira, o maior de baixura de Europa. Na beira da Ría atopamos magníficas praias e fermosas vilas mariñeiras, así como as desembocaduras dos ríos Ulla e Umia, que converten as súas costas en lugares privilexiados para o nacemento da famosa uva albariño.

A SENDA LITORAL AROUSA NORTE é un itinerario da Mancomunidade Arousa Norte que nos invita a percorrer a pé o territorio dos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira algúns dos máis importantes de toda a Ría, cheos do encanto da arquitectura mariñeira alén das belas paisaxes que os conforman. A situación da senda xunto ao mar permite a quen a transita percorrer coa vista máis de 100 km de costa e gozar de espazos de grande valor natural e patrimonial.

Para os interesados na historia e na formación do Camiño de Santiago, a Senda Litoral Arousa Norte convértese nun tránsito imprescindible, xa que acompaña por terra o percorrido da Ruta Traslatio que conmemora a chegada a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago o Maior despois do seu martirio en Xerusalén. Segundo a historia mítica,  o corpo do Apóstolo Santiago fixo a súa entrada en terra galega dende a Ría de Arousa, remontando o río Ulla nunha barca de pedra.

A Senda Litoral Arousa Norte é ideal tanto para os amantes das rutas e as camiñadas como para familias e afeccionados ao paseo que prefiran percorrela en pequenos tramos. A súa configuración permite realizala en distintas etapas, sendo unha ruta a non perder para todos aqueles que queiran gozar no seu percorrido do incomparable marco da costa norte da Ría de Arousa, coas súas paraxes singulares, coñecendo o seu patrimonio cultural e natural, a súa rica gastronomía e as súas marabillosas xentes.