SENDA LITORAL AROUSA NORTE POLA POBRA DO CARAMIÑAL
O tramo de senda que percorre o Concello da Pobra do Caramiñal é o máis doado de toda a Senda Litoral Arousa Norte. O desnivel dos seus case 11 km non supera o 10%.
Seguindo a senda polo Rego Esteirón, o tramo que percorre o concello destaca pola súa proximidade aos areais e por seguir unha liña moi próxima ao mar. Pódese gozar así do percorrido xunto as praias da Laxe e da Barca ata chegar á Punta de Cabío. Esta separa as praias de Lombiña e Cabío que contan cunha extensión de 600 m a primeira e de 130 m a segunda. En forma de enseada, estas praias posúen unha contorna única para a práctica do submarinismo.
Seguindo a senda chégase ao núcleo urbano de Pobra do Caramiñal, unha das vilas mariñeiras máis bonitas da provincia de A Coruña na que hai mostras interesantes da arquitectura de pazos, as residencias de campo das antigas familias galegas na Idade Media, como a Torre de Bermúdez que hoxe acolle o Museo Valle Inclán ou a Casa Grande de Aguiar. Novamente moi próxima á liña da costa, a ruta continúa ata a praia do Conchido onde se deixa paso ao tramo do Concello de Boiro.
Índice de dificultade
