SENDA LITORAL AROUSA NORTE POR BOIRO
Con case 30 km, o tramo do Concello de Boiro é un dos máis panorámicos, permitindo dende as súas puntas admirar grandes vistas da Ría de Arousa. É un tramo esixente con moitas variacións de altitude.
A Senda Litoral Arousa Norte permite bordear a Enseada de Boiro, coñecida polas súas apracibles praias e por ter unha paisaxe resgardada na que medra o mexillón que converte a Boiro nunha potencia pesqueira. A Senda Litoral Arousa Norte achégase despois ata o porto de Cabo de Cruz onde se pode ver a entrada do río Ulla no mar.
A continuación a senda diríxese cara a Punta do Chazo que nos deixa contemplar non só a Ría senón tamén o mar aberto. Un pequeno desvío lévanos aos Castros de Neixón dende os que podemos retomar o camiño cara a enseada de Rianxo pola que chegaremos aos límites do Concello.
Boiro é ademais berce do megalitismo en Galicia e xa de camiño a Rianxo pódese visitar o Centro Arqueolóxico do Barbanza, centro de interpretación no que se explican os restos da comarca dende o Neolítico ata a Idade de Ferro.

70 IBP
Índice de dificultade