SENDA LITORAL AROUSA NORTE POR RIANXO
A cara norte da enseada de Rianxo permite un paseo pola Praia da Torre. Preto do paseo marítimo xunto á desembocadura do río Te, atópase o xacemento do Castelo da Lúa construído no século XIII polo primeiro señor de Rianxo, despois utilizado como cárcere e destruído na revolta irmandiña.
O paseo continúa ata chegar ao núcleo urbano onde se pode visitar o casco antigo ou a Capela de Guadalupe que contén a imaxe da Virxe.
Dende a saída do núcleo urbano ata que se comeza a ver a entrada do río Ulla cómpre remontar varios tramos esixentes con pendentes entre o 15 e o 20%.
Un pequeno desvío fará unha parada obrigada na ladeira do monte Palleiro onde se atopa a Punta das Trece Cruces, que marca hoxe en día a chamada Ruta do Mar de Arousa e río Ulla, para xa continuar acompañando ao río Ulla na súa desembocadura.
Este último e pequeno tramo polo esteiro do Ulla rebaixa a intensidade da ruta ata deixar o final da Senda Litoral Arousa Norte no límite do Concello de Dodro.

77 IBP
Índice de dificultade