SENDA LITORAL AROUSA NORTE POR RIVEIRA
A senda percorre 37,5 km do Concello de Riveira. O punto de partida sitúase na Capela do Carme en Espiñeirido para dirixirse cara ao Faro de Corrubedo.
Volteando o Faro alcánzase o perímetro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Neste tramo atópase o punto máis alto con 174 m sobre o nivel do mar no Mirador da Pedra da Rá dende o que se baixa cara a Aguiño.
A ruta continúa en baixada cara o porto de Aguiño. Dende alí o camiño diríxese cara o porto de Riveira pasando antes pola praia do Castro, un areal de 1.250 m de longo con fina area branca e fondos rochosos. Seguindo pola beira da costa, chégase ata a praia de Coroso dende a que se pode ver a Illa de Rúa, unha illa enteiramente rochosa formada por grandes bloques graníticos.
A última parada de Riveira é o porto de Palmeira, un pequeno porto pesqueiro que mantén gran parte da estrutura do século XVIII. Nel atópase o Mirador do Castelo con vistas a toda a vila de Palmeira. Con Rego Esteirón dase paso ao Concello da Probra do Caramiñal.

93 IBP
Índice de dificultade